PROGRAMA #9: Novena gala: especial nenos.

PROGRAMA #9 Novena gala: especial nenos.
Na novena gala de Oh Happy Day contamos coas actuacións de tres coros infantís de diferentes lugares de Galicia. O Coro de Visantoña, con integrantes de moi curta idade, interpretou o tema Akai Hana en solitario e Hero da man do Coro Encaixe. O Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia, de corte clásico, levou ao escenario De Profundis Clamavi e Paradise xunto a El Acorde Secreto. Finalmente escoitamos as cancións The Shoop Shoop Song da man do Coro Cantemos de Ponteareas, canteira do Obradoiro Vocal A Vila, e Por isto cantamos xuntos en colaboración co Coro Coda. Como novidade, Najla Shami interpretou Camiño Branco, un tema propio con versos de Rosalía de Castro e Samba Lelé, canción infantil popular brasileira xunto ao Coro de Visantoña. Vimos os tres coros finalistas recargando enerxía na praia, de merendola e de visita no Luar para relaxar tensións de cara á grande gala final.
GALERÍA PROGRAMA #9 Novena gala: especial nenos.