PROGRAMA #8: Oitava gala: un coro expulsado e tres na final.

PROGRAMA #8 Oitava gala: un coro expulsado e tres na final.
Nesta gala coñecemos os tres finalistas de Oh Happy Day. El Acorde Secreto xa tiña o seu sitio asegurado desde a semana pasada pero as Sisters in the House, Encaixe e Coda quedaban loitando por dous postos. Finalmente, foron as Sisters as que non lograron pasar a última criba e remataron expulsadas xusto ás portas da final. Todos os coros deron o mellor de si e iso notouse nas súas interpretacións, coreografías e postas en escena. Cada un deles cantou dous temas de artistas tan coñecidos coma Andrés do Barro,The Beatles, Christina Aguilera, Whitesnake, Queen, Michael Jackson, ABBA, e tamén un poema de Rosalía de Castro. A competición continúa e agora só quedan Encaixe, Coda e El Acorde Secreto competindo polo premio final.
GALERÍA PROGRAMA #8 Oitava gala: un coro expulsado e tres na final.