PROGRAMA #7: Coñecemos o primeiro finalista de Oh Happy Day

PROGRAMA #7 Coñecemos o primeiro finalista de Oh Happy Day A sétima gala estivo marcada polo altísimo nivel de todos os coros tanto a nivel vocal, como na posta en escena. Así e todo, o xurado só puido escoller un para pasar directamente a final e o elixido foi El Acorde Secreto coa canción ‘Shots’ de Imagine Dragons. O xurado destacou o seu vestiario, a orixinal coreografía e a boa técnica vocal. Ademais, esta noite puidemos escoitar os directores e directoras cantar co seu coro como solistas ou cancións compostas por eles, así como temas tan coñecidos como ‘Barbie Girl’, ‘Fever’ ou ‘De cero a héroe’, da banda sonora do filme Hércules. A tensión segue en aumento e aínda quedan tres coros ás portas da gran final: Sisters In The House da Coruña, Coro Encaixe de Santiago e Coro Coda de Vilagarcía. 
GALERÍA PROGRAMA #7 Coñecemos o primeiro finalista de Oh Happy Day