PROGRAMA #6: Sexta gala de Oh Happy Day na que só quedarán catro coros

PROGRAMA #6 Sexta gala de Oh Happy Day na que só quedarán catro coros
Nesta 6º gala non hai nomeados pero si unha eliminación. Os tres coros que estaban na corda frouxa son Coda (Vilagarcía), O.V. A Vila (Ponteareas) e El Acorde Secreto (A Coruña). Estes tres interpretaron dúas cancións cada un co ánimo de convencer ao xurado para continuar no concurso. Finalmente os eliminados, despois dunha dura deliberación, foron A Vila (Ponteareas). O xurado tivo máis en consideración a espectacular execución de “I will follow him” (tema da película Sister Act) do Coro Coda e, sobre todo, “María Soliña” de El Acorde Secreto, que foi escollida mellor actuación. Os dous coros que non se xogaban nada esta vez aproveitaron para arriscar. Sister in The House probou cunha versión do éxito de Beyoncé “Crazy in love” e Encaixe, con outro tema moi coñecido, o “Happy” de Pharrell Williams. A estas alturas do concurso a tensión é moi grande e despois desta gala xa só faltará eliminar outro coro para ter xa os tres finalistas desta primeira edición de Oh Happy Day. 
GALERÍA PROGRAMA #6 Sexta gala de Oh Happy Day na que só quedarán catro coros