PROGRAMA #5: Quinta gala do Oh Happy Day con dúas actuacións por coro

PROGRAMA #5 Quinta gala do Oh Happy Day con dúas actuacións por coro Na quinta gala de Oh Happy Day xa só quedan cinco coros en concurso. Son Sisters In The House (A Coruña), Encaixe (Santiago de Compostela), Coda (Vilagarcía), A Vila (Ponteareas) e El Acorde Secreto (A Coruña). Chegados xa ao ecuador da temporada a competitividade dos coros, e o nivel esixido é tan alto que calquera erro pagarase moi caro. Como particularidade, neste programa non houbo expulsados pero si saíron tres coros propostos para abandonar o programa a semana seguinte. Todos os coros fixeron dúas actuacións e da valoración conxunta das dúas saíron os tres coros nomeados, que neste caso foron El Acorde Secreto, A Vila e Coda. Novamente o repertorio de temas foi moi variado, pero a mellor actuación foi para Sisters in the House, que fixeron unha arriscada versión do clásico de Bob Marley “Could You Be Loved”.
GALERÍA PROGRAMA #5 Quinta gala do Oh Happy Day con dúas actuacións por coro