PROGRAMA #4: Nova expulsión nunha cuarta gala sen coros nomeados

PROGRAMA #4 Nova expulsión nunha cuarta gala sen coros nomeados
Na cuarta gala de Oh Happy Day os seis coros amosaron un nivel moi alto polo que o xurado non o tivo nada doado. O Coro Encaixe, de Santiago, a Coral Alecrín de Brión e as Sisters in the House, da Coruña, estaban en perigo de abandonar o programa. Malia a falta de unanimidade dos membros do xurado, a interpretación de ‘Meu amor mariñeiro’ de Fuxan os Ventos non lle valeu á Coral Alecrín para continuar un programa máis e resultaron expulsados. Onde si houbo acordo foi na escolla da mellor actuación: Coda conseguiu gañala por segunda vez, desta volta grazas a un medley de cancións de Mecano. Nesta noite non houbo criba, polo que ningún coro está en risco de abandonar o programa a semana que vén. Así e todo, a tensión segue subindo, cada vez quedan menos coros e a calidade é maior. 
GALERÍA PROGRAMA #4 Nova expulsión nunha cuarta gala sen coros nomeados