PROGRAMA #3: Sete coros na terceira gala de Oh Happy Day e un novo expulsado

PROGRAMA #3 Sete coros na terceira gala de Oh Happy Day e un novo expulsado
Na terceira gala de Oh Happy Day os sete coros que continúan no programa presentaron as súas mellores actuacións sobre o escenario, nunha competición cada vez máis axustada e na que os participantes amosaron un gran nivel ademais de estilos tan variados como zarzuela, rock, musical ou samba. Tres coros estaban propostos para abandonar o programa: Vía Sete, de Pontevedra, a Coral Alecrín de Brión e o Obradoiro Vocal A Vila, de Ponteareas. Finalmente, malia unha interpretación do ‘Rock the night’ de Europe cargada de enerxía, Vía Sete resultou ser o coro expulsado. Pola contra, a singular actuación do Obradoiro Vocal A Vila con ‘Tres cantos nativos dos indios Krao’ valeulles o título de canción do día, coa unanimidade dos membros do xurado. E outros tres coros están en risco de seren expulsados a próxima semana: as Sisters in the House, o Coro Encaixe e a Coral Alecrín de Brión, que repite como nomeado. 
GALERÍA PROGRAMA #3 Sete coros na terceira gala de Oh Happy Day e un novo expulsado