PROGRAMA #2: Segunda gala de Oh Happy Day e Primeira expulsión

PROGRAMA #2 Segunda gala de Oh Happy Day e primeira expulsión
Nesta segunda gala de Oh Happy Day os coros arriscaron coas súas interpretacións nunha gala moi dinámica e entretida. O xurado expulsará o primeiro dos coros participantes. Os coros propostos para abandonar o programa a semana anterior foran Coda de Vilagarcía, a Coral Alameda de Pontevedra e Vía Sete, tamén de Pontevedra. Finalmente, e logo dunha dura deliberación, o xurado expulsará a Coral Alameda de Pontevedra, que arriscaron moito co clásico da movida “A quien le importa”. A mellor actuación da noite foi para Coda, de Vilagarcía, que logo de seren nomeados a anterior semana, repuxéronse, e interpretaron unha incrible versión do éxito de Bruno Mars “Uptown funk”. Os coros propostos para abandonar Oh Happy Day a próxima semana finalmente foron Vía Sete, Alecrín de Brión e Obradoiro Vocal a Vila.
GALERÍA PROGRAMA #2 Segunda gala de Oh Happy Day e primeira expulsión