PROGRAMA #10: Gala final:o Coro Encaixe gaña Oh Happy Day!

PROGRAMA #10 Gala final: o Coro Encaixe gaña Oh Happy Day!
Na gala final de Oh Happy Day os tres coros aspirantes ao premio interpretaron dous temas en rigoroso directo, como é habitual. Un era novo e preparado exclusivamente para a final, mentres que o outro foi un mix de dúas cancións que fixeron en programas anteriores. El Acorde Secreto atreveuse con ‘Bohemian Rhapsody’ de Queen e un mix de ‘O Tren’ e ‘Price Tag’, Encaixe escolleu ‘Stairway to Heaven’ de Led Zeppelin e un mix de ‘Arman Vela’ e ‘Leverelem’; mentres que Coda apostou por unha versión salsa de ‘I want you back’ de The Jackson 5 e o mix de ‘Gaiteiro’ e ‘Uptown Funk’. Finalmente foi o coro Encaixe de Santiago o que acadou a maior puntuación e polo tanto gañou os 12.000 euros de premio. E é que nesta última gala houbo novidades nas votacións. A maiores de Najla Shami, Ramón Bermejo e Eva Perales, que por primeira vez votaron de xeito individual, os directores e directoras dos coros eliminados nesta temporada tamén votaron para a elección do gañador.
GALERÍA PROGRAMA #10 Gala final: o Coro Encaixe gaña Oh Happy Day!