PROGRAMA #1: Primeira Gala

PROGRAMA #1 Primeira Gala
Nesta primeira gala de Oh Happy Day asistimos ao debut dos oito coros participantes. No plató do programa presentaron cancións de todos os estilos: tradicionais como ‘O voso galo comadre’, máis modernas como ‘Don’t stop me now’ de Queen, ou bandas sonoras como “Let it go” da película Frozen. A tónica xeral foi dun alto nivel vocal, de arriscadas interpretacións, e dunhas coreografías moi traballadas. De feito, ao xurado foille moi difícil escoller a actuación do día, que finalmente recaeu en Sisters In The House e a súa magnífica interpretación do clásico “Hit the road Jack”. Pero nesta primeira gala tamén foi noite de criba, de aquí saíron tres coros propostos para abandonar o programa a semana que vén: Vía Sete de Pontevedra, Coda de Vilagarcía e Alameda, tamén de Pontevedra.
GALERÍA PROGRAMA #1 Primeira Gala