Oh Happy Day: o mellor dun concurso, dun talent show e dun programa musical

Oh Happy Day é un programa da Televisión de Galicia no que 8 coros e agrupacións vocais galegas compiten por un gran premio final. Ao longo de 10 galas intentan dar o mellor de si para demostrarlle ao noso xurado que son os dignos merecedores da vitoria nesta primeira temporada de Oh Happy Day. 

No programa, emitido xa con éxito na ETB vasca e na TV3 catalá, soarán habaneras, gospel, soul, pop, rancheiras, rock, clásica….etc, todos os estilos teñen cabida en Oh Happy Day. 
PROGRAMA #10 Gala final: o Coro Encaixe gaña Oh Happy Day!
Na gala final de Oh Happy Day os tres coros aspirantes ao premio interpretaron dous temas en rigoroso directo, como é habitual. Un era novo e preparado exclusivamente para a final, mentres que o outro foi un mix de dúas cancións que fixeron en programas anteriores. El Acorde Secreto atreveuse con ‘Bohemian Rhapsody’ de Queen e un mix de ‘O Tren’ e ‘Price Tag’, Encaixe escolleu ‘Stairway to Heaven’ de Led Zeppelin e un mix de ‘Arman Vela’ e ‘Leverelem’; mentres que Coda apostou por unha versión salsa de ‘I want you back’ de The Jackson 5 e o mix de ‘Gaiteiro’ e ‘Uptown Funk’. Finalmente foi o coro Encaixe de Santiago o que acadou a maior puntuación e polo tanto gañou os 12.000 euros de premio. E é que nesta última gala houbo novidades nas votacións. A maiores de Najla Shami, Ramón Bermejo e Eva Perales, que por primeira vez votaron de xeito individual, os directores e directoras dos coros eliminados nesta temporada tamén votaron para a elección do gañador.
GALERÍA PROGRAMA #10 Gala final: o Coro Encaixe gaña Oh Happy Day!